Remata a obra de construción do depósito de auga de Castromaior, en Abadín

TerraChaXa
Desde o Concello subliñan que esta mellora repercutirá directamente no benestar dos residentes da parroquia e das zonas próximas
obras-deposito-auga-castromaior-abadin
23 Nov 2025

O Concello de Abadín anunciou a finalización das obras do novo depósito de abastecemento de auga na parroquia de Castromaior, unha infraestrutura considerada fundamental para mellorar a calidade do servizo e garantir unha subministración máis eficiente e segura para toda a veciñanza.

O novo depósito, cunha capacidade total de 100.000 litros, foi executado baixo a dirección técnica da enxeñeira de camiños Irene Fernández Prieto e contou coa empresa Construcciones Cholo como encargada da obra. Con esta actuación, o municipio dá un paso destacado na modernización da súa rede de abastecemento e na renovación das súas infraestruturas básicas.

Desde o Concello subliñan que esta mellora repercutirá directamente no benestar dos residentes de Castromaior e das zonas próximas, reforzando a capacidade de resposta do sistema municipal de auga. Engaden, ademais, que continuarán traballando para ofrecer servizos públicos máis eficientes e de maior calidade en todo o termo municipal.

⚙ Configurar cookies
0.069960117340088