Rematan a obra no polígono e empeza a da rúa da Ponte en Rábade

TerraChaXa
O Concello de Rábade rematará estes días a obra de mellora que se está a realizar no polígono industrial e que se atopa dentro dun programa de achegas posto en marcha pola Xunta de Galicia.
rua da ponte rabade
13 Oct 2019

O Concello de Rábade rematará estes días a obra de mellora que se está a realizar no polígono industrial e que se atopa dentro dun programa de achegas posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Os traballos que se están a realizar consisten na mellora da unión da avenida Buenos Arias co polígono, unha obra que ten un orzamento de 60.000 euros. Deste xeito repárase a vía de unión da zona industrial co centro da vila, unha das obras máis demandadas.

Por outra banda, o concello tamén realizará a obra de mellora e acondicionamento do barrio da Ponte, que contempla tamén o amaño da rúa José Pardo, na contorna da Ponte Medieval. Este proxecto, que vén de sacar a licitación, ten un orzamento de 129.630 euros cantidade á que o Concello realizará unha achega de 8.152.

O proxecto, que se executará no presente ano, leva a recuperación do pavimento orixinal, renovación de servizos, execución de novas beirarrúas, adecuadas ao entorno desta emblemática zona, e carrís bici, así como unha franxa de zona verde, para separar a zona rodada da zona peonil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19147205352783