Remata a reforma do centro social de Galegos, en Riotorto
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto rematou as obras de reforma e acondicionamento do centro social de Galegos, un proxecto subvencionado polo GDR.
1 Jun 2021
O Concello de Riotorto rematou as obras de reforma e acondicionamento do centro social de Galegos, un proxecto subvencionado polo GDR no 65% e con fondos municipais no resto e que tiña un orzamento de 51.299 euros.
O proxecto consistiu na rehabilitación do edificio, que actuaba como vivenda particular. O novo centro dispón dunha sala e un cuarto de aseo, que foron reformados. Tamén se fixeron traballos de mellora da instalación eléctrica, colocación de tarima, etc.
Ademais, colocouse unha rampla de acceso para facilitar o mesmo a todas as persoas con problemas de mobilidade.
O local pasa a estar a disposición dos veciños da parroquia para uso público, orientado ás reunións veciñais, cursos e actividades culturais.