Rematan as actividades do programa Envellecemento activo das Pontes

TerraChaXa
Houbo sesións semanais nas asociacións veciñais Lembranza da Vila, Vincallo, Focapa, A Magdalena, Goente, Marraxón e As Campeiras
programa-de-envellecemento-activo-as-pontes
25 Jun 2025

A concelleira de Benestar Social das Pontes, Tania Pardo, clausurou entre os meses de maio e xuño as actividades do programa municipal de envellecemento activo.

O programa, no que participaron 85 persoas desenvolveuse entre os meses de marzo e xuño, con sesións semanais, dunha hora e media de duración, nas asociacións veciñais Lembranza da Vila, Vincallo, Focapa, A Magdalena, Goente, Marraxón e As Campeiras.

En cada sesión, baixo a dirección de dúas terapeutas ocupacionais, os participantes realizan una serie de exercicios, tanto físicos como de estimulación cognitiva, encamiñados a mellorar a motricidade, o mantemento da autonomía, a prevención de caídas, exercicios de memoria, atención, linguaxe ou cálculo, axustados as súas capacidades, tendo en conta tanto a súa idade como o seu estado de saúde.

⚙ Configurar cookies
0.16524815559387