Rematan as festas de Vilalba deixando un gran número de imaxes
As festas de Vilalba chegaron esta fin de semana ao seu final tras dúas semanas de celebracións por todo o alto con actuacións para todas as idades. A música cobrou especial protagonismo este ano cos concertos de Tanxugueiras e Manu Chao como líderes do cartel, sen faltar tamén as sesións vermú e as verbenas coas orquestras máis detacadas do panorama musical.
Os vilalbeses desfrutaron de cada unha das súas celebracións dende a xira ata o día das parroquias, que se celebrou este domingo, dedicada este ano a Nete, e que puxo o colofón a uns festexos nos que participaron nenos e maiores.
Éxito tamén do Día da Bicicleta, das actividades deportivas e as actuacións e xogos para os máis pequenos. Na parte oficial, respetouse a tradición tamén coa entrega do premio do certame literario o mesmo día la lectura do pregón.