Rematan as obras da vía de acceso aos barrios de Bouza e Lourixe en Nete

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou o remate das obras de mantemento e mellora da vía de acceso á Bouza/Lourixe, na parroquia de Nete.
Os traballos realizáronse ao longo das últimas dúas semanas e á necesaria limpeza das cunetas en todo a vía, sumóuselle a colocación de novas tubaxes de drenaxe e a rexeneración completa dos tramos en peor estado.
Renda contextualizou a importancia desta nova actuación municipal explicando que se trata "con diferenza" da vía que máis tráfico pesado soporta ao longo de todo o ano. Unha circunstancia, esta, que vén dada por tratarse do acceso directo a unha das máis importantes explotacións agrícolas do municipio.
É é xustamente por isto, que a previsión da área de Infraestruturas Rurais é a de facer un seguimento continuado do estado do firme para evitar que a vía volva a estar no estado no que se atopaba con anterioridade ao inicio das obras.