Rematan as obras da vía entre Fabás e Graduín, en Goiriz

TerraChaXa
O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba Modesto Renda informou do remate das obras de mellora da vía que lle dá acceso aos barrios de Fabás e Graduín, en Goiriz.
obras goiriz medio rural
obras goiriz medio rural
25 Nov 2023

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba Modesto Renda informou do remate das obras de mellora da vía que lle dá acceso aos barrios de Fabás e Graduín, en Goiriz.

Os traballos, financiados con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais, realizáronse esta semana e obxectivo dos mesmos foi a limpeza de cunetas, o reforzo da base do firme, a necesaria pavimentación mediante dobre rega asfáltica e a colocación de nova sinalización vertical.

Renda, que contrastou a actuación coa veciñanza de ámbolos dous barrios, volveu facer fincapé na necesidade de lle "dar cumprimento ás demandas das parroquias como obxectivo irrenunciable do Goberno Municipal".

0.13134288787842