Rematan as obras de asfaltado en catro vías de Muras

TerraChaXa
O Concello de Muras vén de rematar as obras de catro vías municipais nun total de sete quilómetros para os que se empregaron uns 120.
11 Mar 2020

O Concello de Muras vén de rematar as obras de catro vías municipais nun total de sete quilómetros para os que se empregaron uns 120.000 euros procedentes dos fondos do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

O proxecto, valorado inicialmente en 157.000 euros, foi executado pola empresa Carferlo por 120.00 euros e os traballos consistiron no acondicionamento do firme con dobre rego e a limpeza e perfilado das marxes e das cunetas.

O tramo máis grande foi o da vía que vai das Pardas ao cruce da estrada da Deputación en Bustelo, que ten tres quilómetros.

Da mesma extensión e a estrada que vai da ponte sobre o río Amboroses á Moriscón. Así mesmo, tamén actuaron na estrada de Seilán, nun tramo de medio quilómetro, e na que vai do Barral ao límite co concello de Xermade por Carelle, duns 900 metros de lonxitude.

0.11221385002136