Rematan as obras de mellora do cemiterio de Muras

TerraChaXa
O Concello de Muras rematou as obras que se realizaron no seu plan de melloras en servizos básicosno cemiterio, que tiña como obxectivo unha rehabilitación do camposanto, é dicir, ampliar a oito o número de nichos, e ademais botar o chan en formigón xa que era grava.
117101246_2724028804501049_623831528264606381_o
13 Ago 2020

O Concello de Muras rematou as obras que se realizaron no seu plan de melloras en servizos básicosno cemiterio, que tiña como obxectivo unha rehabilitación do camposanto, é dicir, ampliar a oito o número de nichos, e ademais botar o chan en formigón xa que era grava. Tamén fíxose un lavado de cara ao pechamento exterior.

O orzamento do proxecto ascendía a 54.745,07 euros e finalmente a empresa adxudicataria Bcnor SL. conseguiu a obra por 42.261,55 euros, polo tanto 12.483,52 é o sobrante desta obra utilizarase n outros proxectos de servizo público no concello.

Desde o Concello recalcan que este é un servizo básico que vai na liña que propoñen dende o goberno munipal de ir mellorando e poñendo en marcha servizos básicos que non existían ou que estaban deteriorados.

117184084_2724028897834373_5592052092903408462_o
0.085253953933716