Rematan as obras de mellora dos accesos a Aldurfe, en Riotorto

TerraChaXa
Remataron estes días as obras de mellora de accesos ao núcleo de Aldurfe, unha obra que executou Construcciones Isidro.
118155121_4229250300479379_6869973446454140920_o
2 sep 2020

Remataron estes días as obras de mellora de accesos ao núcleo de Aldurfe, unha obra que executou Construcciones Isidro.

Estas obras, que contan con achega do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais do Agader, tiñan por obxecto proceder á mellora dun camiño público moi deteriorado debido á súa antigüidade, uso e inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo.

Este camiño público discorre entre dúas explotacións agrícolas dando servizo a numerosas parcelas situadas entre elas. É un camiño que sale do núcleo rural de Aldurfe e conéctao coas explotacións que se sitúan á súa marxe oeste.

Trátase dun camiño que desde a LU- P-4404 discorre cara ao oeste virando cara ao norte nas proximidades do río Miñotelo. Ten unha lonxitude de 1.181 metros e un ancho de entre 4 e 5 metros con sobreanchos puntuais nas interseccións.

As actuacións previstas para a mellora do pavimento deste camiño consistiron na extensión dunha capa de mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor executándose un bacheo previo con pedra e rego asfáltico en diferentes puntos. Tamén se procedeu á limpeza e apertura de cunetas.

A obra ten un orzamento de 48.353,95 euros.

0.15190386772156