Rematan as obras de mellora en camiños rurais na parroquia pontesa de Veiga da Nata

TerraChaXa
A actuación tivo como obxectivo prioritario mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación do camiño
obras-veiga-da-nata-as-pontes
12 Dec 2024

O Concello das Pontes deu por concluídas as obras de mellora dos camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas en Veiga da Nata, un proxecto cun orzamento de 34.531 euros con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa Inviste no Rural.

A actuación tivo como obxectivo prioritario mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación do camiño a través da rehabilitación do mesmo para dotalo dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos realizados incluíuse o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invadía as vías. Reparáronse as fochancas e zonas afundidas existentes e o afirmado realizouse mediante a extensión dunha nova capa de rodaxe mediante dobre rego asfáltico As obras remataron coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente.

0.14962005615234