Rematan as obras de mellora na vía de acceso a Barbeitas, en Sancovade
TerraChaXa
O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda informou hoxe do remate das obras de mellora da vía de acceso ao barrio de Barbeitas, na parroquia de Sancovade.
18 Dec 2023
O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda informou hoxe do remate das obras de mellora da vía de acceso ao barrio de Barbeitas, na parroquia de Sancovade.
Os traballos, financiados con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais, realizáronse esta semana e obxectivo dos mesmos foi a limpeza de cunetas, o reforzo da base do firme, a necesaria pavimentación mediante dobre rega asfáltica e a colocación de nova sinalización vertical.
Renda, que valorou moi positivamente o resultado, lembrou que era unha obra "moi demandada pola veciñanza dos barrios de Muíños e Barbeitas".