Rematan as obras de mellora nos centros escolares de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Remataron en Castro de Rei as obras de mellora dos dous centros educativos, o CEIP Ramón Falcón e o Veleiro Docampo.
ramon falcon de castro
9 sep 2022

Remataron en Castro de Rei as obras de mellora dos dous centros educativos, o CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei, e o Veleiro Docampo, de Castro Ribeiras de Lea. O importe dos tra ballos foi de 50.000 euros.

No centro de Castro Ribeiras de Lea, fíxose a substitución das portas interiores do edificio principal por importe de 21.126 euros, así como o pintado do interior do mesmo edificio por importe de 8.228 euros, con cargo á Xunta de Galicia. Neste mesmo centro, o Concello levou a cabo a remodelación de dúas aulas por importe de 11.345 euros con cargo ao Plan Único da Deputación, que aporta 7.581 euros, ante os 3.764 que pon o propio Concello.

No CEIP Ramón Falcón o obradoiro de emprego encargouse de levar a cabo o pintado exterior do edificio, traballos valorados en 10.000 euros.

Estes traballos completan os realizados para a rehabilitación enerxética acometidos por parte da Xunta de Galicia en anos pasados nos dous centros educativos, que no ano 2018 realizaron no Veleiro Docampo por valor de 375.000 euros, máis os 100.000 euros correspondentes ao cerramento exterior de portas e ventás do edificio principal.

No Ramón Falcón o investimento acometeuse no 2020 e ascendeu a 270.000 euros.

"Con estas actuacións damos por rematadas as obras de rehabilitación dos dous centros educativos, o que permitirá mellorar a estancia do alumnado nos centros facéndoos máis acolledores", dixo o acalde, Francisco Balado.

0.080581903457642