Rematan as obras de renovación da Capela Pena de Francia nas Pontes
TerraChaXa
A Capela de Francia xa se atopa renovada grazas á financiación do Obispado Mondoñedo- Ferrol, as doazóns de particulares e a colaboración do Concello de As Pontes.
24 sep 2018
A Capela de Francia xa se atopa renovada grazas á financiación do Obispado Mondoñedo- Ferrol, as doazóns de particulares e a colaboración do Concello de As Pontes.
As obras levadas a cabo permitiron a renovación da cuberta da capela, a súa fachada e o seu pavimento interior. A colaboración do Concello de As Pontes consistiu na renovación do pavimento exterior, arredor da capela, así como a mellora do acceso á ermida desde a estrada de Ortigueira.
Estes traballos consistiron na reposición da capa de rodadura con aglomerado, a mellora do sistema de drenaxe, a limpeza de marxes e cunetas, a marcaxe do vial e a substitución da sinalización vertical. Esta actuación tivo un orzamento de 68.559 euros e un prazo de execución dun mes.