Rematan as obras de reparación de vías en parroquias da Pastoriza
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza rematou nestes días o proxecto de reparación de varias vías de propiedade municipal, nas parroquias de Fonmiñá, San Cosme e Crecente.
30 Maio 2020
O Concello da Pastoriza rematou nestes días o proxecto de reparación de varias vías de propiedade municipal, nas parroquias de Fonmiñá, San Cosme e Crecente.
Segundo indica a concelleira responsable, Elva Carrera, trátase dunha obra moi necesaria "dado o deterioro no que se atopaban estas estradas".
Carrera avanzou tamén que se aveciñan tempos complicados economicamente e que as necesidades de reparación da rede viaria "son infinitas", polo que afirma que continuarán a priorizar aquelas vías máis transitadas e máis deterioradas co fin de optimizar os recursos económicos dos que dispón o Concello e priorizar as verdadeiras necesidades dos veciños. "Todo apunta a que haberá que apretar o cinto", conclúe.