Rematan as obras de restauración do Cristo do Fiouco na Pastoriza

TerraChaXa
Remataron na Pastoriza as obras de restauración do Cristo do Fiouco, situado no alto da parroquia de San Bartolomeu de Cadavedo.
cristo fiouco antes e despois
13 Xan 2022

Finalizaron na Pastoriza as obras de restauración do Cristo do Fiouco, situado no alto da parroquia de San Bartolomeu de Cadavedo. A Xunta de Goberno do Concello da Pastoriza foron os encargados de levar adiante esta intervención.

Trátase dun proxecto no que o alcalde, Primitivo Iglesias, e a empresa Enel Green Power, responsable do proxecto, foron da man para conservar o patrimonio cultural.

Esta peza histórica data de finais do século XIX e a súa construción foi impulsada por dous veciños e hoxe en día son moitos os fieis que depositan flores ou velas.

A intervención, orzada en máis de 7.000 euros, inclúe unha limpeza da estrutura e o cristo, retirando vexetación ou restos vellos de ofrendas. Repararase a cuberta e selaranse as gretas da edificación, que se pintará.

0.181645154953