Rematan as obras na AG 64 ao seu paso por Vilalba e Xermade

TerraChaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora do firme executadas nos últimos meses na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito da provincia de Lugo, que contaron cun orzamento próximo aos 200.
24 Xul 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora do firme executadas nos últimos meses na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito da provincia de Lugo, que contaron cun orzamento próximo aos 200.000 euros.

Realizáronse reparacións puntuais na vía ao seu paso polos municipios de Xermade e Vilalba, dende o punto quilométrico 39,790 ao 55,950. Principalmente actuouse en 2,7 quilómetros que transcorren entre o enlace de Cabreiros coa estrada LU-540 e o límite co concello das Pontes, na provincia da Coruña.

A intervención consistiu na rehabilitación do firme nos treitos da calzada que presentaban maior deterioro, mediante fresados localizados e a posterior reposición da capa de rodadura con mestura bituminosa en quente.

Os traballos comezaron o pasado outono e leváronse a cabo durante os últimos meses -exceptuando algunhas semanas durante o inverno debido ás condicións climatolóxicas-. Segundo indicaron fontes da Xunta, a continuación procederase ao repintado da sinalización horizontal nos tramos de actuación, tarefas que comezarán proximamente.

0.15086889266968