Rematan as obras na escola infantil de Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei rematou as obras de mellora da eficiencia enerxética infantil en Castro Ribeiras de Lea nas que investiron 43.
17 Dec 2018

O Concello de Castro de Rei rematou as obras de mellora da eficiencia enerxética infantil en Castro Ribeiras de Lea nas que investiron 43.000 euros, o 50% con aportación autonómica con fondos Feder.

Os traballos consistiron na substitución do sistema de calefacción existente por un de caldeira de gasóleo de baixo consumo eléctrico. Ademais construiuse tamén un anexo para albergar as instalacións necesarias para o novo sistema de calefacción, a caldeira e o depósito de gasóleo. Ademais, pintáronse as fachadas nas que se realizou a obra.

Segundo explica o alcalde, Fracisco Balado, este centro educativo tiña unha importante descompensación na temperatura, ademais dun gran consumo  e custe.

A Escola Infantil Municipal Manuela López Besteiro, baixo xestión municipal, asisten a pequenos de 0 a 3 anos na localidade de Castro Ribeiras de Lea. Actualmente o seu alumnado está cifrado en preto de 40 pequenos.

As obras, que se iniciaron a principios de novembro están xa rematadas e listas para o comezo do novo ano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17276406288147