Rematan as obras na rúa Coronel Andrade de Rábade
LugoXa | TerraChaXa
Fixéronse as beirrarúas e dotouse a vía de saneamento, luz, auga e demais servizos
19 Out 2024
O alumnado do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá VII rematou estes días os traballos na primeira metade da rúa Coronel Andrade de Rábade facendo as beirrarúas e dotando a vía de saneamento, luz, auga e demais servizos.
O taller de emprego está formado por 13 alumnos e alumnas, 5 deles do mesmo Concello de Rábade.