Rematan as obras na vía de acceso a Cartemil, entre Rioaveso e Román

TerraChaXa
Esta nova obra de mellora era unha das máis agardadas por parte da veciñanza
foto-obra-cartemil
15 Feb 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou o remate dos traballos de rexeneración completa da estrada que lle dá acceso ao barrio de Cartemil.

O vial, que comunica as parroquias de Rioaveso e Román, foi totalmente renovado dende o seu inicio na LU-120 en dirección norte, ata o seu remate na estrada de acceso á igrexa e ao CEIP Terra Chá.

Tal e como explicou Renda, esta nova obra de mellora era unha das máis agardadas por parte da veciñanza ámbalas dúas parroquias e o custo total que tivo a actuación foi de 28.500 euros.

0.17345190048218