Rematan as obras no cemiterio dos Alimpadoiros das Pontes

TerraChaXa
Remataron nas Pontes as obras de mellora da accesiblidade e humanización da contorna do cemiterio dos Alimpadoiros.
cemiterio dos alimpiadores as pontes portada
14 Apr 2022

Xa está rematadas as obras de mellora da accesiblidade e humanización da contorna do cemiterio dos Alimpadoiros, financiadas pola Deputación da Coruña e cun orzamento de 122.465 euros, destinadas a facilitar a mobilidade na zona e a mellorar o acceso principal á instalación de titularidade municipal.

Entre os traballos, iniciados no mes de outubro e que foron executados pola empresa Huso 29 Estudios y Construcciones S.L ocupou un lugar prioritario a mellora da accesibilidade coa eliminación dos desniveis existentes na fachada principal mediante a construción dun conxunto de ramplas.

O desnivel na parte inferior xa foi eliminado coa creación de dúas ramplas simétricas, en formas de L, deixando dous tramos de escaleiras central. A escalinata curva foi substituída por unha escaleira central e por dous conxuntos de ramplas laterais, que seguirán o trazado da escaleira orixinal.

Ambas ramplas fixéronse con muros de formigón, deseñados como elementos de protección. Así mesmo, instalaron varandas de aceiro inoxidable para garantir a seguridade na zona de tránsito peonil.

Paralelamente, fíxose unha reparación do firme da calzada. Con tal motivo, procedeuse ao fresado do viario e a aglomerado da contorna das ramplas e a continuación fíxose, con formigón impreso, o acceso central ao cemiterio.

0.17431306838989