Rematan as obras no centro de sáude de Rábade
O centro de saúde de Rábade conta cun novo aspecto exterior que permitirá mellorar a eficiencia enerxética do edificio. A Consellería de Sanidade finalizou nestes días unhas obras moi demandadas polos veciños.
As actuacións, que deron comezo no verán, incluíron a instalación dunha nova cortina vexetal e cortinas interiores que reducen a incidencia do sol e as inclemencias meteorolóxicas nos grandes ventanais que dan acceso á sala de espera. Durante o verán esta situación provocaba que aumentara considerablemente a temperatura no interior e tampouco ofrecían suficiente protección contra o frío.
Para mellorar estes problemas de humidade e frío, tamén se renovou a cuberta do edificio. Así mesmo, pintáronse as paredes da sala de espera e renovouse o mobiliario desta área, entre outras intervencións.
O custo total das obras foi asumido pola Consellería de Sanidade.
OBRADOIRO CUMES DA TERRA CHÁ
Ademais, remataron os traballos de ampliación da primeira fase prevista na rúa Coronel Andrade para conectar os servizos existentes na mesma.
Estes foron realizados polo obradoiro Cumes da Terra Chá, un taller de emprego formado por 13 alumnos e alumnas, 5 deles do concello de Rábade.