Rematan as representacións do Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación en diversos concellos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo remata este ano con representacións en Cospeito, Mondoñedo, O Corgo e A Pastoriza pechan por este ano.
030723 ENTREGA DE PREMIOS CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO EN FOZ
28 Dec 2023

O Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo remata este ano con representacións en Cospeito, Mondoñedo, O Corgo e A Pastoriza pechan por este ano.

Así, este venres, 29 de decembro, representarase 'O covid do mariñán' do Bordelo ás 20.30 horas no auditorio de Mondoñedo e o mesmo día terá lugar a obra 'O velorio' de Borguete Teatro ás 22.00 horas na igrexa Vella de Muimenta, en Cospeito. Esta obra tamén se representará ao día seguinte, 30 de decembro, no local social de Cela, no Corgo, ás 20.30 horas. Por último, a obra 'Pan con chocolate' de Colectivo Cultural Ollomao representarase na Casa Mariña Folgueira da Pastoriza tamén o 30, ás 21.00 horas.

A Deputación de Lugo programou 128 representacións de 32 compañías no último semestre do ano, polo que a deputada de Cultura, Iria Castro, convidou a asistir a estas últimas funcións e destacou a importancia do circuíto na programación cultural dos concellos, lembrando que "chegamos a medio cento de concellos, espallando o teatro e a cultura por todo o territorio, atendendo especialmente aos municipios do rural”.

A responsábel provincial agradeceu tamén “a implicación das compañías de teatro que formaron parte desta edición” e valorou que este ano “aumentaron en tres as compañías e en máis de 40 as representacións. Isto confirma a importancia da rede creativa que se forma arredor das compañías de teatro afeccionado, non só polo seu traballo na escena, se non tamén por canalizar a creatividade e as inquedanzas culturais de toda a sociedade”.

0.10640597343445