Rematan as sesións de teatro en Begonte cunha improvisación
O Concello de Begonte xunto coa Deputación de Lugo (Área de Turismo e Cultura) e ao abeiro do Programa “Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019”, representarán este sabado 23 de decembro, a última obra prevista.
Será o turno de Improvincia, a cargo de Curuxan Teatro Impro, pensada para público adulto e onde a improvisación garantirá unha actuación chea de sorpresas dende o primeiro minuto.
Esta é unha aposta pola improvisación, cómica en parte, pero cun toque dramático. Non se segue un guión e o espectador ten un papel protagonista na creación das tramas que xorden. Deste xeito, a improvisación convértese nun formato idóneo para captar a un público que habitualmente non consume teatro convencional. Con este formato, nunca dúas actuacións son iguais, polo que o efecto sorpresa está garantido e o rumbo de cada trama sempre é unha incerteza.
A representación será de balde na Casa da Cultura de Begonte ás 18.00 h. As prazas se cubrirán ata completar aforo.