Rematan en Rábade os traballos de acondicionamento da contorna da ponte medieval
TerraChaXa
Veñen de rematar en Rábade as obras realizadas no espazo máis histórico e senlleiro da vila como é o barrio da Ponte.
14 Nov 2021
Veñen de rematar en Rábade as obras realizadas no espazo máis histórico e senlleiro da vila como é o barrio da Ponte. Nel se buscou mellorar o estado das rúas que o forman, no que os alumnos do Obradoiro de Emprego, en colaboración coa Xunta de Galícia, fixeron un gran traballo.
Esta obra foi realizada polo Concello con fondos propios e consistiu en limpar e protexer a ponte medieval, e co Plan Único da Deputacion amañouse e recuperouse a antiga vía que discurre pola rúa José Pardo. En vindeiras datas, rematarase esa rúa, gañando espazo para o lecer no seu encontro coa avenida de Vilalba, e tamén está previsto finalizar o amaño da rúa Río Miño.