Rematan na Pastoriza os traballos de reparación do vestiario local do Acebreiro

TerraChaXa
A seguinte actuación será no almacén da cantina para dotalo de luz, arranxar o chan e colocar estantes
obras-mejora-o-acebreiro
5 Apr 2025

O Concello da Pastoriza rematou os traballos de reparación do vestiario local do campo do Acebreiro, que se fixo sufragado con fondos e traballadores municipais.

Os traballos consistiron en azulexar as partes das duchas, cambiar as duchas existentes por unhas novas, azulexar tamén a zona do vestiario con remate en pintura, cambio de fiestras e cristais, ademais de mellora do alumeado. Todo isto fíxose no vestiario local.

A seguinte actuación será no almacén da cantina para dotalo de luz, arranxar o chan e colocar estantes, segundo indicaron desde o Concello.

Por outra banda, o Goberno local solicitou á xunta de Galicia unha axuda para a reparación de todo o perímetro de bloque do campo, que si ao final é concedida, dará un cambio de imaxe moi significativa a estas instalacións municipais, "o cal indica a implicación que dende o goberno temos, tanto coa UD Pastoricense, a cal lle agradecemos todo o traballo diario que fan porque o noso pobo conte cun equipo en Primeira Rexional, 1 equipo de vetaranos e outro de fútbol sala feminino", afirmou o voceiro, Marcos García Lombardero.

⚙ Configurar cookies
0.16245794296265