Rematan no lago das Pontes as actividades do programa Un mar de lecer

TerraChaXa
Rematadas as festas patronais nas Pontes, o Concello vén de presentar unha serie de actividades no lago baixo co título Un mar de lecer.
un mar de lecer as pontes ultimo fin de semana portada
26 Ago 2022

O Concello de As Pontes remata esta fin de semana co seu programa para o mes de agosto O mar de lecer, unha axenda cultural ampla, diversa e multidisciplinar para conmemorar os dez anos da creación do lago.

As actividades que deron comezo o venres 5 continuarán estes dous días con numerosas e variadas actividades. Así, haberá, primeiramente, unha cita coa vela da man do Campionato Galego de Vela Vaurien, que será o sábado e o domingo.

Eses días haberá tamén unha Festa Acuática con 5 inchábeis acuáticos. Paralelamente celebrarase a Festa da Auga, con 4 inchábeis acuáticos e Humor Amarillo, con 5 inchables Wipe Out. Os horarios para estas tres actividades son : sábado de 16:30h a 20:00h e domingo de 11:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.

un mar de lecer as pontes ultimo fin de semana
0.19365000724792