Rematan novas actividades de envellecemento activo en parroquias das Pontes

TerraChaXa
A concelleira de Benestar Social das Pontes, Tania Pardo e o concelleiro de Medio Rural, Roberto Rivera, clausuraron, nas Asociacións Veciñais de Saa, Marraxón e Cal da Avelaíña, as actividades do programa municipal de envellecemento activo.
envellecemento activo parroquias as pontes
10 Abr 2024

A concelleira de Benestar Social das Pontes, Tania Pardo e o concelleiro de Medio Rural, Roberto Rivera, clausuraron, nas Asociacións Veciñais de Saa, Marraxón e Cal da Avelaíña, as actividades do programa municipal de envellecemento activo.

O programa, que se desenvolverá nas asociación veciñais de A Magdalena, San Pedro de Eume, Paraño, Saa, Goente, Marraxón e Vincallo, ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza máis maior do municipio, a través da realización de diversas actividades, permitindo que as persoas maiores da vila sigan sans e activas, evitando o seu deterioro físico e cognitivo así como o illamento ou a exclusión social.

As actividades desenvolvéronse entre os meses de outubro de 2023 e marzo de 2024, un día á semana en cada asociación, durante unha hora e media e nelas participaron un total de 70 persoas maiores de 60 anos.

0.20077013969421