Rematan o aparcadoiro público de Román, en Vilalba

TerraChaXa
Trátase dun aparcadoiro público, de 1.970 metros cadrados de extensión, co que o Concello dará solución á situación de risco que se producía no barrio da Igrexa
modesto-renda
14 Ago 2024

Rematan unha das obras máis agardadas por parte da veciñanza de Román. Trátase dun aparcadoiro público, de 1.970 metros cadrados de extensión, co que o Concello dará solución á situación de risco que se producía no barrio da Igrexa, cando os veciños se vían obrigados a estacionar os seus vehículos ao longo da estrada por non teren espazo suficiente para aparcarcadoiro nos días de máis afluencia ó Cemiterio, á Igrexa e á Casa Escola da parroquia.

Acompañado polos que serán os futuros usuarios, Renda explicou que a fórmula elixida foi subvencionar nun 100 % os 15.000 euros que custou a obra. Por isto, que agradeceu tanto á veciñanza como á entidade titular dos terreos sobre os que se asenta o aparcamento, á Asociación de Veciños Santa Eulalia de Román “a súa total e indispensable colaboración nestes meses”.

O vicealcalde detallou tamén varios aspectos relativos á propia actuación, explicando que, ao desmonte do terreo nun espesor medio de 15 cm, lle seguiron os traballos de explanación e compactación para, finalmente, proceder a empresa adxudicataria coa subministración, estendido e compactado dunha capa de zahorra artificial de 0/25 e outros 15 cm de espesor totais.

0.11644077301025