Rematan obras de asfaltado en vías de Árbol e Corvelle

TerraChaXa
O Concello de Vilalba recepcionou varias obras rematadas para a rexeneración de viais nas parroquias de Árbol e Corvelle.
obras asfaltado arbol
22 Xuño 2023

O Concello de Vilalba recepcionou varias obras rematadas para a rexeneración de viais nas parroquias de Árbol e Corvelle.

En concreto, os traballos realizáronse nos viais municipais que dan acceso aos núcleos de Moscarán, Grandavella e O Fondal, na parroquia de Árbol, e no vial que acceso a Campelos, na parroquia de Corvelle.

Estes viais de acceso ós barrios e núcleos de poboación das parroquias teñen unha importancia fundamental para a circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións agrogandeiras e parcelas agrícolas ou forestais.

As obras consistiron na limpeza de noiros e tubaxes de todo tipo; a mellora do drenaxe mediante a colocación de tubaxes adicionais; o recargo e nivelación das capas base, mediante zahorra, macadam ou gravillón donde sexa preciso; a pavimentación mediante dobre ou triple rego asfáltico en toda a superficie, e a sinalización vertical das interseccións.

obras asfaltado estradas
obras asfaltado en corvelle estradas
0.19236278533936