Rematan os venres musicais en Meira
TerraChaXa
Este venres rematan os actos do programa Verán de Lecer en Meira cun concerto e un roteiro aos que tamén se suman a Festa da Malla.
24 Ago 2022
Este venres rematan os actos do programa Verán de Lecer en Meira cun concerto e un roteiro aos que tamén se suman a Festa da Malla, que será o domingo e o tradicional Roteiro Avelino Díaz, o día 4.
Así, ás 20.00 horas terá lugar un concerto, para dar por finalizados os Venres Musicais, que estará ao cargo da Prebanda de Guitiriz e a Prebanda de Meira. Será no parque Profesor Río Barja.
Por outra banda, ás 16.30 horas dará comezo un roteiro guiado entre O Estreito e A Mexadoira, que terá 7 quilómetro de percorrido e que ten lugar de saída a Oficina de Turismo.
Para o roteiro será necesario inscrición previa na oficina de Turismo ou no teléfono 618 679 632.