Rematan traballos de desbroce en Román para previr incendios forestais

TerraChaXa
Estas tarefas forman parte do convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Consellería de Medio Rural
Imaxe do desbroce das pistas asfaltadas en Curtis
Desbroce
13 Jul 2024

O Concello de Vilalba informa da realización durante estes días de traballos de limpeza e desbroce nas pistas e camiños da parroquia de Román.

Estas tarefas forman parte do convenio de colaboración asinado o ano pasado entre o Concello e a Consellería de Medio Rural, que inclúe traballos para a prevención de incendios nos meses de verán de 2023 e 2024 nas parroquias cun investimento de 50.000 euros anuais.

As actuacións completan o plan de limpeza das marxes das estradas municipais posto en marcha polo Concello de Vilalba no rural e o casco urbano.

“O mes pasado rematou a primeira fase de limpeza e a segunda fase será no mes de setembro, reforzando a seguridade viaria na rede de estradas e camiños de rural”, explica o concelleiro de Servizos, Eduardo Vidal.

A alcaldesa, Marta Rouco, lembra que “o concello investirá case 160.000 euros para deixar en boas condicións máis de 1.000 quilómetros de vías en todo o concello”.

0.16838598251343