Rematan traballos de limpeza en zonas públicas e depósitos da Pastoriza

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza rematou estes días diferentes traballos de limpeza e mantemento das zonas públicas e de depósitos de auga.
arranxos depositos pastoriza6
10 Xuño 2021

O Concello da Pastoriza rematou estes días diferentes traballos de limpeza e mantemento das zonas públicas que implicaron ás zonas de depósitos de auga do termo municipal.

Así, traballose na limpeza e posta a punto das fontes e depósito de auga de Bretoña, no de Fitoiro, camiño e depósito de auga de Úbeda, na estación de bombeo de Vián, fontes e depósito de Loboso e Marful, depósito das Curuxeiras na Rigueira, fontes e depósito da Pastoriza e depósito de Toucido en Úbeda.

Así, realizáronse tarefas de limpeza e desbroces do campo de fútbol de Vián, na contorna da piscina municipal, o instituto Fonmiñá, as rotondas do Carrizar e Reigosa.

Por outra banda, tamén se fixo o arranxo da praza, campo da festa e limpeza de arquetas en Bretoña, continuando tamén co amaño de beirarrúas na Pastoriza.

AXUDAS

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou o pago das axudas para o impulso da actividade económica e das axudas para a compra de libros e material escolar.

Nestes días se está a proceder co inicio do pagamento nas contas dos beneficiarios destas axudas, tal e como informaron os representantes municipais.

0.19473099708557