Remate das actividades nos clubs fluviais de Begonte
TerraChaXa
Este sábado terá lugar no club fluvial de Begontes a tradicional festa de despedida do verán e o de Baamonde estrea mural.
23 sep 2022
Este sábado terá lugar no club fluvial de Begontes a tradicional festa de despedida do verán.
Nesta ocasión a celebración consistirá nunha churrascada a partir das 14.00 horas onde os habituais asistentes poderán gozar dunha xornada festiva antes de que as instalacións queden sen uso pola chegada do mal tempo.
BAAMONDE
Pola súa banda, o club fluvial de Baamonde, o Cercud, estreou estes días un mural na fachada que dá á estrada do edificio. Trátase dunha obra de Rubén Paz na que se reflicten os puntos máis representativos do concello como a Casa Museo de Víctor Corral, o Castiñeiro Milenario, a propia praia fluvial, a Reserva da Biosfera e o Camiño Xacobeo.
Ademais este domingo haberá unha recollida de basura nesta contorna dentro do Proxecto Libera contra a basuraleza.