Remate das actividades no club fluvial de Begonte

Este sábado terá lugar no club fluvial de Begonte a tradicional festa de despedida do verán.
Nesta ocasión a celebración consistirá nunha churrascada no bar a partir das 20.00 horas onde os habituais asistentes poderán gozar dunha xornada festiva antes de que as instalacións queden sen uso pola chegada do mal tempo.
A noite estará amenizada polo DJ Ello.