Rematou o Campionato de España Xuvenil de Bolos coa excelente participación de Xove
Rematou o Campionato de España Xuvenil 2020 coa participación dos membros do Club de Bolos Xove, os cales acadaron uns resultados excelentes.
Os xuvenís son o futuro deste deporte e ben seguro que haberá bolos para largo.
Así, os resultados foron na categoría Individual, 1º Christian Prieto Froxais, 2º Javier Alonso Xove, 3º Julia López Xove, 4º Ismael Torres San Cibrán.
Na categorís de Parellas os primeiros foron Julia López Xove e Xenxo Salgueiro Xove; os segundos Christian Prieto Froxais e Iván Bueno Horizonte; os terceiros Javier Alonso Xove e Iker Alonso Horizonte e os cuartos Alejandro Valle L'Acabose e Pablo Valle L'Acabose.
O club está "moi orgulloso dos nosos xuvenís Javi e Julia, quenes xa participaron en campionatos nacionais e galegos e demostraron un bo nivel de competición, pero dun xeito especial estamos orgullosos de Xenxo, quen malia comezar a xogar os bolos fai escasamente un ano, soubo manterse a altura e realizar grandes lanzamentos cando Julia, comezaba a notarse cansa tras chegar a unha semifinal individual e a final de parellas".