Rematou o obradoiro de emprego que na Pontenova serviu para recuperar a escola de Xudán

TerraChaXa | AMariñaXa
Dezaoito alumnos e alumnas remataron con aproveitamento o obradoiro de emprego que compartiron os concellos da Pontenova, A Fonsagrada e Negueira de Muñíz.
WhatsApp Image 2019 08 22 at 18.28.53
31 Xul 2019

Dezaoito alumnos e alumnas remataron con aproveitamento o obradoiro de emprego que compartiron os concellos da Pontenova, A Fonsagrada e Negueira de Muñíz. No acto tamén estiveron presentes os alcaldes destes municipios e o delegado da Xunta en Lugo e distintos representantes municipais.

Na Pontenova o obxectivo foi a recuperación da antiga escola unitaria de Xudán, tamén para destinala a local social. Os traballos centráronse na substitución de cuberta e no acondicionamento dos espazos interiores deste inmoble.

A iniciativa, que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria por valor de 288.000 euros, serviu para que o alumando accedera a un posto de traballo durante 9 meses, tempo durante o cal tamén recibiron formación teórica e práctica nas especialidades de albanelaría, urbanización e construción.

Os obradoiros de emprego dan dereito a obter, en caso de rematalos con aproveitamento, o certificado de profesionalidade correspondente, con validez en todo o territorio nacional, que habilita aos seus titulares para o exercicio dunha actividade profesional.

A súa vez os obradoiros serviron para promover obras de interese público. Na Fonsagrada, traballaron no acondicionamento dun local social para o pobo de Pobra do Burón, un inmoble que se atopa en perfectas condicións para realizar xuntanzas veciñais e tamén, na mellora de dúas vivendas sociais para uso de familias con necesidades especiais.

En Negueira de Muñiz, o traballo do alumando serviu para recuperar un espazo no núcleo urbano coñecido como Casa dos Cazadores e tamén para reformar o antigo pozo comunitario de Bustelo.

Balseiro apuntou que “as estatísticas demostran que o 60% dos participantes logran atopar un emprego nos primeiros seis meses e incluso antes de rematar a súa formación, o que pon en evidencia a utilidade destes obradoiros”.

0.11272811889648