Remedios González presenta aos votantes a súa lista do PP por Rábade
A candidatura popular aposta por “modernizar e favorecer o desenvolvemento de Rábade e mellorar a calidade de vida dos veciños”.
A candidatura coa que concorre Remedios González concorre ás eleccións do 28M aposta por “modernizar Rábade, favorecer o seu desenvolvemento e mellorar a calidade de vidas dos veciños”. Así o indicou a candidata á alcaldía do PP neste municipio durante a presentación do equipo que a acompaña, e na que estivo arroupada polo secretario xeral, Javier Nodal, e a responsable de Mar do Goberno galego, Rosa Quintana, ademais de por outros cargos orgánicos como o senador José Manuel Barreiro.
Trátase dunha candidatura moi vinculada “ao terreo”. Só inclúe dúas novas incorporacións con respecto a 2019 pero con perfís moi destacados na sociedade rabadense. É o caso dun asesor fiscal, dunha farmacéutica, dun bombeiro forestal, de empregados por conta allea, dun veterinario ou dun director comercial.
“Presentámonos con moita ilusión e co compromiso de traballar para os nosos veciños e de situar a Rábade onde se merece e poñelo en valor, con servizos e novas dotacións públicas necesarias para toda a veciñanza”, afirmou a alcaldable popular.
Pola súa banda, tanto Javier Nodal como José Manuel Barreiro coincidiron en sinalar que “se este municipio quere avanzar só pode ser cun cambio político”. Os populares fixeron esta reflexión, pois o goberno local dos últimos anos non foi quen de aproveitar os recursos que ten e a circunstancia que lle dá estar próximo a Lugo.
Rosa Quintana participou no acto apoiando a candidatura do PP de Rábade. “Remedios González é a mellor candidata para levar o barco a bo porto. Será a próxima alcaldesa para levar a Rábade a onde se merece poñendo aos seus veciños e veciñas por riba de todo para que podan vivir en mellores condicións e con máis e mellores servizos”, destacou.
CANDIDATURA AO COMPLETO
Remedios González agradeceu aos 10 membros da lista que a acompañan o “seu compromiso político e persoal con Rábade”. A lista ao completo é a seguinte:
- María Remedios González Cabarcos.
- María Pilar Dapena González.
- José Luis Novo Teijeiro.
- María Sandra Novo Penas.
- Carlos Ramón González Cabarcos.
- Juan Baroja Ortiz.
- Víctor José Novas Pereira.
- María José Parga Regueiro.
- Juan Carlos Blanco Martínez.
Suplentes:
- José Manuel Candal Veiga.
- José Ángel Vila Blanco.