Remourelle acolleou a derradeira xornada billardeira co XII Aberto O Coello de Suso

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Esta fin de semana xogouse a 10ª e derradeira xornada da LNB NorLeste en Remourelle, o XII Aberto O Coello de Suso.
Billarda Ribadeo Aberto O coello de Suso
17 May 2022

Esta fin de semana xogouse a 10ª e derradeira xornada da LNB NorLeste en Remourelle, o XII Aberto O Coello de Suso no que o ceo ameazaba con votar unhas pingas, mais troucou e voltouse agradable e mesmo soleado para deixar con bo sabor as novas incorporacións da multicolor serpe da LNB que non deixa de medrar.

Sete grupos de nove ou dez compoñentes, por orden de clasificación e ca nova da visita dos ex-Bulls, Ginés e Andrés, que amosaron que o ben aprendido non se esquece.

O equipo anfitrión non quixo rematar a tempada sen probar o podio e botou man dun histórico que lles deu o empurrón necesario para acadar tal obxetivo. Marcos cumpriu e cos seus puntos ergueu os Bulls o terceiro chanzo da xornada.

Mais o gordo estaba no grupo sete onde se atopaban os nove primeiros clasificados. O primeiro posto foi para Charli con sete puntos sobre o segundo, e ademais tiña a coroa segura e para confirmalo, rematou gañando tamén a xornada.

Daniel e Sachas víanse ameazados por Basilio, Navallo, e Regueiro con opcións de podio, mais aguantaron o tipo e remataron a xornada igual que estaban.

Nas restantes clasificacións, nada trocou. Carabullo foi o campión, escoltado por Troitas Bravas e Billardeiros Musicais. O mesmo pasou en donas con Aroa comandando e aínda que Irea fixo unha moi boa actuación, non lle chegou para desbancar a xove mariñá. Terceira rematou Geni malia non presentasrse a xogar hoxe.

Nos infantís, tanto Mateu cuanto Diego, xogaron moi ben hoxe superando en puntuación  a Aroa, mais a ventaxe da musical billardeira era abonda para seguir reinando na categoría.

Houbo que desempatar no apartado de varados. Sachas e Chousa eran os candidatos o podio e con cinco disparos cada un, o empate seguía. Xogouse a billarda mais longa e foi aquí donde Chousa destapou o tarro das esencias cun golpe estratosférico que e foi rematar  lonxe, lonxe, cruzando por todo o medio do Varal.

Ca torrezmada de costume ao final e a entrega de agasallos aos gañadores rematouse unha das tempadas máis competidas e numerosas da LNB.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16920185089111