Renda anuncia a renovación da vía que dá acceso ao barrio dos Currás

O tenente de alcalde, Modesto Renda, anunciou a renovación da vía que dá acceso ao barrio dos Currás, na parroquia de Distriz.
Trátase dun novo proxecto de mellora na rede viaria do rural, co que o Concello dará cumprida resposta ás demandas da veciñanza deste barrio, logo de que na pasada anualidade se deixara totalmente nova xa a estrada que comunica Distriz con Codesido.
Así, actuarase sobre toda a vía co recargo e nivelación das capas base mediante tratamentos semiprofundos e a súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica en toda a superficie.
Ademais, o proxecto aprobado inclúe a limpeza de cunetas co fin de aumentar a vida útil da vía. Esta obra financiarase con cargo ó Plan Único correspondente á presente anualidade 2025.