Renda anuncia a renovación da vía que une os barrios de Carboeira e Fontemarín en Vilalba

O tenente de alcalde vilalbés, Modesto Renda, anunciou que o Concello renovará a vía que une os barrios da Carboeira e Fontemarín, na parroquia de Román.
Trátase dun novo proxecto de mellora na rede viaria do rural, co que o Concello de Vilalba "dará cumprida resposta ás demandas da veciñanza e explotacións gandeiras", dixo Renda.
Así, actuarase sobre toda vía co recargo e nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica.
Ademais, o proxecto aprobado inclúe a limpeza de cunetas co fin de aumentar a vida útil da estrada.
Esta obra financiarase con cargo ao Plan Único correspondente á presente anualidade 2025.