Renda anuncia a renovación doutra vía en Vilapedre
TerraChaXa
O Vicealcalde Modesto Renda vén de anunciar a renovación completa da vía que une o Porto de Bois e Rebordelo, en Vilapedre.
3 May 2024
O Vicealcalde Modesto Renda vén de anunciar a renovación completa da vía que une o Porto de Bois e Rebordelo, en Vilapedre.
Financiada ao 100% con fondos municipais, o custo total desta nova actuación foi de 37.662 euros.
Renda contrastou coa veciñanza o resultado e lembrou que esta é xa a segunda obra acometida na parroquia dende o inicio desta lexislatura. Un compromiso que ronda xa os 80.000 euros de inversión por parte do Concello de Vilalba.