Renda anuncia a reparación da vía que da acceso a Fontebouza, en Santaballa

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou este venres en Santaballa que o Concello rexenerará ó completo a vía de acceso ó barrio da Fontebouza dende a estrada provincial LU-P-6517.
A través dunha longa reunión, Renda explicou á veciñanza da parroquia que esta agardada obra vai ter un custe de 28.366,03 euros, incluíndo a necesaria limpeza de cunetas en todo o vial e colocación de nova sinalización vertical.
Así mesmo, a xuntanza permitiu fixar de común acordo cos veciños/as presentes a rexeneración da vía municipal coñecido como 'a paralela' dende a Ponte de Santa Eufemia ata o Carrizo e a da vía de acceso ao barrio de Trastoi, como as seguintes obras na parroquia.
Renda quixo agradecer unha vez máis a grande afluencia de xente á reunión e comprometeuse a volver convocar aos seus veciños/as, unha vez estean rematados os traballos anunciados para fixar xa os seguintes.