Renda anuncia a rexeneración e mellora dun vial entre Distriz, Tardade e Codesido
TerraChaXa
O Concello de Vilalba rexenera e mellora o vial que une Codesido, Tardade e Distriz.
10 Feb 2024
O Concello de Vilalba rexenera e mellora o vial que une Codesido, Tardade e Distriz. O tenente de alcalde Modesto Renda contrastou coa veciñanza das tres parroquias o resultado dunha das actuacións máis demandas dende o inicio desta lexislatura.
A obra, que chegou aos dous quilómetros e medio de ámbito de actuación, realizouse ao longo desta última semana e o seu custo ascendeu ós 44.977 euros procedentes na súa totalidade de fondos propios municipais.