Renda anuncia en Oleiros a rexeneración da vía entre Agadín, O Abeledo e O Cal da Pena

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou en Oleiros que o Concello rexenerará por completo a vía que une Agadín, o Abeledo e o Cal da Pena por valor de 22.000 euros.
Na concorrida xuntanza, que se prolongou por máis de tres horas, analizáronse todas as necesidades da parroquia e o tenente de alcalde fixou, de común acordo cos veciños/as, a rexeneración da vía do Campovello e o acceso ó Salgueiro como as seguintes prioridades.
Renda agradeceu a grande afluencia de xente á reunión e comprometeu, tamén, a adecuación de varias vías de uso principalmente agrogandeiro para a presente lexislatura.