Renda anuncia o fin dos traballos de mellora dunha vía na parroquia de Oleiros

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda anunciou a renovación e mellora dun novo vial na parroquia de Oleiros. Máis concretamente, trátase do tramo que comunica o barrio de Agadín coa Granda ata o seu remate na estrada de provincial LU-P-6501.
Os traballos realizáronse ó longo deste mes de febreiro e o investimento en total do Concello en Oleiros no que vai de lexislatura suma 142.925 euros.
Tal e como explicou Renda, a mellora desta vía era un compromiso coa parroquia e avanzou que o Concello prepara xa a rexeneración completa da súa continuación en dirección ó barrio do Abeledo e ao Cal da Pena.