Renda asegura que os dous millóns de investimento no rural foi unha esixencia de Vilalba Aberta
O candidato de Vilalba Aberta, Modesto Renda, contestou ás declaracións da alcaldesa ao respecto dos investimentos no rural.
A través dun comunicado de prensa, o alcaldable cualificou de “torpe” a campaña de propaganda do PSOE e volveu instar a Elba Veleiro a sentarse a negociar para “cumprir coas parroquias que quedaron fóra.”
“Os 2.000.000€ para o rural dos que presume Veleiro arrincoullos Vilalba Aberta na mesa de negociacións”, explicou. Renda, que se recoñeceu “perplexo” coa estratexia socialista, censurou moi especialmente que dende o goberno se fale de “priorizar o rural” cando a Alcaldesa “leva meses sen negándose a negociar unha terceira incorporación de crédito que financie o arranxo de ata 12 pistas nas parroquias de Oleiros, Vilapedre, Noche, Soexo, Belesar, Mourence e Boizán.
Modesto Renda explicou que os acordos que Vilalba Aberta arrincou do goberno supuxeron “un desbloqueo fundamental en materia de investimentos” pois, do contrario, “o Concello apenas tería marxe para executar, o que se traduciría nunha lexislatura perdida para o rural”.
Así, lembrou que se incorporaron á anualidade 2022, polo procedemento de modificación orzamentaria, un total de 904.042,59 euros, co obxectivo de dotar de crédito á execución de diversos proxectos de obra en diferentes vías e accesos no rural.
En virtude do pactado, destináronse 29.623,89€ á pavimentación e rexeneración de vías na parroquia de Samarugo e 6.500,00€ á de Vilapedre. Na mesma liña, mais neste caso a fin da conservación e mantemento de vías, investíronse 61.249€ na parroquia de Alba; 50.201,06€ na de Rioaveso; 23.621,28 en Corvelle; 52.420,90€ en San Simón; 25.980,61€ en Codesido; 27.482,30€ en Distriz; 94.540,53€ en Árbol; 46.548,42 en Santaballa; 59.704,48€ en Lanzós; 55.526,33€ en Román; 20.788, 32€ en Carballido; 16.964,36€ en Tardade; 28.360,79€ en Xoibán; 23.104,35€ en Gondaísque; 19.432,78€ en Ladra; 32.871,17€ en Goiriz e 28.021,53€ en Insua.
Ademais, e no relativo á pavimentación e mellora, contémplanse 28.411,60€ a executar na parroquia de Nete e 84.632,47€ na de Torre.
No 2021 o acadado por VA superou tamén os 800.000€ para as parroquias en investimentos. Un acordo en virtude do cal destináronse 44.500 euros á pavimentación e rexeneración de vías na parroquia de Samarugo, 68.000 euros para a conservación e mantemento de vías na parroquia de Alba, 60.000 euros á conservación e mantemento de vías na parroquia de Rioaveso, 68.858,34 euros á mellora de vías municipais en Nete, Ladra, Distriz e Rioaveso, 164.000 euros en actuacións de mellora de diversos accesos a núcleos nas parroquias de Goiriz, Corvelle, Santaballa, Lanzós, Román, e outras, 24.982,34 euros no proxecto de mellora no vial de acceso a Bidueiros, 89.057,82 á pavimentación e mellora de vías municipais nas parroquias de Insua, Torre, A Costa e Ladra, 76.746,67 euros no proxecto e renovación da rede de abastecemento de auga nos accesos á Igrexa de Sancovade desde o núcleo urbano, e 169.000 euros á mellora de accesos a barrios de Corvelle, Goiriz, Román, Carballido e Costa.