Renda inaugura a nova estrada de acceso a unha explotación en Belesar

TerraChaXa
Explica que a obra consistíu en transformar un maltreito camiño nunha estrada de case un quilómetro e medio por valor de 50.000 euros
obras-renda-rural
19 Dec 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda vén de anunciar unha nova mellora na rede viaria. Concretamente, trátase da pavimentación do acceso ao lugar de Reboutas, na parroquia de Belesar.

Trátase dun maltreito camiño que se vén de transformar nunha estrada de case un quilómetro e medio por valor de 50.000 euros.

"O Concello dá así resposta ás demandas da parroquia e a explotación de agricultura ecolóxica do barrio que levaba máis de 12 anos reclamando un acceso digno", indica.

⚙ Configurar cookies
0.074393033981323