Renda será o alcalde provisional e Marta Rouco posiciónase para suceder a Veleiro
Modesto Renda, primeiro tenente de alcalde de Vilalba, será o encargado de ocupar a Alcaldía da localidade de forma provisional logo da dimisión de Elba Veleiro.
O responsable de Vilalba Aberta asumirá o cargo durante os dez días que teñen de prazo máximo para convocar un pleno extraordinario para escoller á nova alcaldesa, que previsiblemente será Marta Rouco, segunda na lista do PSOE e segunda tenente de alcaldesa.
O Concello deberá comunicar neste prazo a renuncia de Veleiro á Xunta Electoral, que activará a credencial do seguinte na lista do PSOE, Ignacio Criado, que pasará a formar parte da Corporación unha vez que esteña a credencial.
O Pleno que se celebrará en Vilalba terá dous puntos na orde do día, o primeiro será ratificar o nomeamento de Ignacio Criado e o segundo a votación do novo alcalde ou alcaldesa. Os partidos con representación poderán volver a presentar os seus cabezas de lista á votación, aínda que non se esperan sorpresas e manterase o pacto tripartito que se edificou tralas eleccións de maio.
Marta Rouco será a proposta do PSOE para nova alcaldesa. Natural de Goiriz, é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, cun mestrado en Administración Financieira e Tributaria expedido pola mesma universidade. Actualmente, é a xerente do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incencios e salvamento.
https://galiciaxa.com/2023/10/tcxa/des-tcxa/230939/