Renovacións nos bancos do Vilalbés, o Muimenta e o Castro

TerraChaXa
Os equipos de fútbol da comarca comezaron xa a notificar a continuidade do adestrador do equipo. Así, foi co Vilalbés, o Muimenta e o Castro.
renovacions futbol
27 Maio 2022

Os equipos de fútbol da comarca comezaron xa a notificar a continuidade do adestrador do equipo. Así, tres deles xa indicaron que a próxima tempada manterán aos mandos do equipo o mesmo míster que esta.

Así Simón Lamas volverá dirixir o destino do Rácing Vilalbés por quinto ano consecutivo na que será a tempada número 14 en Terceira División.

E é que o Vilalbés a piques estivo novamente este ano de meterse nos play off polo título, nos que participou en dúas ocasións anteriores. De feito, este ano quedou a tres puntos de meterse no grupo que disputa o ascenso a Segunda B.

CASTRO

Un dos primeiros en anunciar a renovación foi o CD Castro, que manterá un ano máis a Juan Peón ao fronte do primeiro equipo, de Primeira Galicia. Juan Peón continuará como Adestrador do primeiro equipo e coordinador de adestradores.

Peón, o que foi segundo adestrados de Setién, disputou a tempada acompañado por Quique Prado e Abad.

O equipo, que clasificou na primeira fase primeiro de grupo, loitou no grupo que pelexou polo título na segunda acadando unha terceira posición coqueteando co liderado en varias oportunidades. Finalmente seis puntos separárono do ascenso.

MUIMENTA

Así mesmo, renovou a fronte do SD Muimenta o seu adestrador José Cendán Paredes, Basi, que seguirá aos mandos do equipo unha tempada máis. Cendán fíxose cargo do equipo esta tempada tras unha ausencia pequena, acompañado no banco por Jesús Vigo.

O equipo fixo un bo papel clasificándose para a fase de ascenso na primeira fase da tempada aínda que rematou último no grupo de 8 que disputaron a única praza existente.

0.14107608795166